Noticias

07-04-2025

O Atletismo Divertido reunirá esta semana nas pistas do Pazo de Barallobre a seiscentos escolares de Fene

A Concellería de Deportes de Fene ultima os preparativos dunha nova edición das xornadas de “Atletismo divertido – Xogando co atletismo” nas que participará durante a xornada do mércores 9 de abril o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, e o xoves 10 de abril, o alumnado de 1º, 2º e 3º de EP dos centros de ensino de Fene. O obxectivo destas xornadas, que teñen unha base lúdica e deportiva, é que a rapazada coñeza as diferentes modalidades deste deporte e realice actividade física de xeito divertido e non competitivo. Por iso, non se tomarán anotacións das marcas ou tempos realizados e as nenas e nenos irán participando de xeito simultáneo nas diferentes probas.

07-04-2025

Concentración de condea e rexeitamento polo asesinato por violencia machista

Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, convócase para mañá martes 8 de abril 2025 ao persoal do Concello, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa ás 12:00 h na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polo ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA deJOSEFA de 76 anos veciña de Bolo (Ourense)


Agradecemos de antemán a vosa asistencia como xesto de condea, repulsa e solidariedade.

O Concello de Fene inicia as obras de mellora da rede de pluviais e pavimentos en Buios

O Concello de Fene vén de dar inicio ás obras de mellora da rede de pluviais e pavimentos en Buios, unha actuación clave para optimizar a seguridade e a accesibilidade da zona. Os traballos, adxudicados por 179.740,26 euros con financiamento do Plan Único de Concellos (POS+ 2024) da Deputación da Coruña, teñen un prazo de execución de tres meses.


O alcalde, Juventino Trigo, e o concelleiro de Obras, Manuel Polo, desprazáronse até a zona afectada para supervisar in situ as actuacións previstas. Trigo destacou que "estas melloras responden ao compromiso do goberno local de renovar as infraestruturas municipais e mellorar a calidade de vida da veciñanza, garantindo espazos máis seguros e accesibles". Pola súa banda, Manuel Polo subliñou que "esta intervención atende unha demanda veciñal histórica e permitirá optimizar tanto o firme como a canalización das augas pluviais, evitando problemas de drenaxe".


Claves para a educación emocional, tema dunha nova sesión do programa "Máis que un teito"

O vindeiro luns, 7 de abril, ás 18.30 horas, a Casa da Cultura acollerá unha nova sesión do ciclo para familias "Máis que un teito", organizado polas Concellerías de Servizos Sociais dos Concellos de Fene, Mugardos e Neda. A sesión será impartida por Naira González Fontenla, educadora social e psicopedagoga.


EXPOSICIÓN do XVIII Premio Internacional Jesús Núñez na Casa da Cultura de Fene

Do 4 ao 22 de abril a sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene acollerá a exposición do XVIII Premio Internacional Jesús Núñez, convocado pola Deputación da Coruña. A mostra recolle unha selección dos mellores traballos presentados a este concurso internacional de arte gráfico. Nesta edición houbo 118 participantes, dos cales 58 foron españois (15 madrileños e 13 galegos) e os 60 restantes procederon doutras 18 nacionalidades, sobre todo de México (14), Italia (11), Arxentina (9) e Polonia (8).  


Axenda

  • 04-04-2025

    XV Concurso de Tapas

    Fene ao día

     XV Concurso de Tapas, un evento que se celebrará nas fins de semana entre o 4 e o 13 de abril

    Máis info
  • 02-04-2025

    Exposición do XVIII Premio Internacional Jesús Núñez

    Cultura

    Do 4 ao 22 de abril a sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene acollerá a exposición do XVIII Premio Internacional Jesús Núñez

    Máis info
  • 09-04-2025

    Atletismo Divertido

    Deporte

    “Atletismo divertido – Xogando co atletismo” nas que participará durante a xornada do mércores 9 de abril o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, e o xoves 10 de abril, o alumnado de 1º, 2º e 3º de EP dos centros de ensino de Fene.

    Máis info
  • 26-04-2025

    Xuntanza de Palilleiras

    Fene ao día

    O encontro celebrarase o 26 de abril no Pavillón A Xunqueira e reunirá afeccionadas ao encaixe, bordado, patchwork e outras técnicas téxtiles

    Máis info

Tamén en fene.gal