Abre o prazo de inscrición nunha nova edición dos Seráns Activos do Concello de Fene
04-10-2024
A Concellería de Benestar social organiza un ano máis o programa Seráns Activos que ten como obxectivo o “entrenamento da mente e corpo” das persoas maiores de 55 anos. O prazo de matrícula xa está aberto e as prazas dispoñibles (15 por grupo) cubriranse por orde de inscrición Para anotarse, cómpre entregar o formulario, dispoñible na web www.fene.gal, no centro municipal de Servizos Sociais ou na caixa de correo servizos.sociais@fene.gal
Os obradoiros de “Espazo da memoria” e “Lembranzas: o banco da memoria” desenvólvense de forma itinerante polas diferentes parroquias do concello en locais veciñais e culturais. As entidades colaboran facilitando os espazos, en función da súa dispoñibilidade horaria. Pola súa banda, o obradoiro de “Recuperación da memoria” realízase no centro Sociocomunitario de Fene.
Todos os talleres son gratuitos, ofértanse cunha periodicidade semanal e cunha duración de 2h./sesión, desenvolvéndose do 14 de outubro de 2024 ao 30 de xuño de 2025. Cada persoa poderá escoller libremente o obradoiro ao que acudir independentemente na parroquia na que viva.
Os requisitos para participar no programa son:
- Ter cumpridos os 55 anos.
- Cubrir ficha de inscrición antes do inicio da actividade.
En canto ás características de cada un dos obradoiros ofertados, salientar as seguintes:
• ESPAZO DA MEMORIA
Nel realízanse actividades que combinan a creatividade, o traballo emocional e social e o reforzo das capacidades intelectuais e físicas, promovendo a súa participación social para manter activa a mente e mellorar a memoria, a atención, a concentración, linguaxe etc. Empréganse dinámicas grupais e de ocio.
• LEMBRANZAS: O BANCO DA MEMORIA .
Este obradoiro céntrase en traballar diferentes funcións cognitivas desde unha perspectiva experiencial, dinámica. Ten como finalidade recuperar e difundir as costumes e tradicións. o que permite preservar a historia dunha comunidade fomentando as relacións interxeracionais e visibilizando as persoas maiores.
• OBRADOIROS DE RECUPERACIÓN DE MEMORIA
A súa finalidade é retrasar o inicio ou evolución da demencia e o deterioro cognitivo, mantendo estable as diferentes funcións cognitivas desde unha perspectiva dinámica e evitando, por conseguinte, o illamento.
En todas as actividades realízase unha avaliación previa para adaptar as actividades.
Lugar, datas e horarios dos obradoiros
- ESPAZO DA MEMORIA
A.VV. DE LIMODRE. XOVES Inicio 17 de outubro. 17:00 -19:00h.
C.P.S. DE SAN VALENTÍN. MARTES Inicio 15 de outubro. 16:30 -18:30h.
A.C.D.R. O POTE MANIÑOS. LUNS Inicio 14 de outubro. 17:00 -19:00h.
- LEMBRANZAS
A.C.D.R. LIGA DE AMIGOS. BARALLOBRE. MERCORES Inicio 16 de outubro. 16:30 - 18:30h.
A.VV. PERLIO. XOVES Inicio 17 de outubro. 17:00 -19:00h.
A.VV. PERLIO.V ENRES Inicio 18 de outubro. 16:30 -18:30h.
A.VV. S.XURXO MAGALOFES. VENRES Inicio 18 de outubro. 18:30 - 20:30h.
A.C.D.R. AGARIMO SILLOBRE. MARTES Inicio 15 de outubro. 18:30 -20:30h.
C.M.I.U. FENE. XOVES Inicio 17 de outubro. 17:00 - 19:00h.
- RECUPERACIÓN DA MEMORIA (CENTRO
SOCIOCOMUNITARIO)
MÉRCORES Inicio 16 de outubro. 16.30 h - 18.30h
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS. Avda.do Mar, bloque 1, Baixo - San Valentín. Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal