O Concello promove o certame gastronómico Fene, un mar de tapas

Inicio   Fene hoxe  

Os locais interesados en participar deben anotarse antes do 28 de setembro

O Concello de Fene, a través da Concellería de Promoción Turística que dirixe Juan José Franco, e a Confraría de Barallobre organizarán no mes de outubro o certame gastronómico Fene, un mar de tapas. É por isto que o Concello vén de abrir o prazo, ata o vindeiro 28 de setembro, para que os establecementos feneses interesados en participar se apunten.


Deben facelo enviando a folla de inscrición ó correo rede@fenevivo.gal ou entregándoa no departamento municipal de Turismo. O concurso celebrarase do 12 ó 14 e do 19 ó 21 de outubro, en horario de 13 a 15 e de 20,30 a 22,30 h –como mínimo-. Cada establecemento poderá presentar un máximo de tres tapas. Así mesmo, co fin de fomentar o uso de produto autóctono e de proximidade, nesta edición fíxase como único requisito recomendable para a participación que as tapas presentadas inclúan na súa elaboración, dentro do posible, polo menos un produto de peixe ou marisco da ría de Ferrol ou, no seu defecto, da marca Pesca da Rías.


As bases, así como as follas de inscrición, están a disposición das persoas interesadas aquí.

Accións formativas co cociñeiro Miguel Silvaredonda

Así mesmo, o Concello anuncia a celebración de dous cursos de formación, dirixidos ós responsables de cociña dos locais do municipio, gratuítos pero con inscrición previa –no correo rede@fenevivo.gal ou no Concello-. Terán lugar o mércores 26 e o xoves 27 nas instalacións de Icook en Perlío e estarán impartidos polo profesor de cociña Miguel Silvaredonda, en horario de 17 a 20 horas.

Unha e outras iniciativa forman parte do proxecto Fene Vivo-Vén a Fene.

Descargas