03-03-2017

Programa de actos para o 8 de marzo Día Internacional da Muller

Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade, comprácenos un ano máis informarvos das actuacións que terán lugar o día 8 de marzo, “Día Internacional da Muller”.
21-02-2017

Acto de condea do Concello de Fene

Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, convócase para martes 21 de febreiro de 2017 a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa ás 12:00 h na porta da Casa do Concello, polo asasinato de violencia machista de Mª José M.G

20-02-2017

Programa envellecemento activo e participación social - Tardes Activas

Curso para formar ás persoas maiores no uso dos novos teléfonos móbiles e o acceso a Internet.
09-02-2017

A Concellería de Benestar social inicia as "Tardes activas" para a xente que xa entrou na madurez

O programa é itinerante e prolongarase desde este mes de febreiro até decembro con propostas centradas na memoria, pero tamén no uso das novas tecnoloxías.
30-01-2017

Concentración de rexeitamento e solidariedade

Convócase para o luns 30 de xaneiro de 2017 ao persoal do Concello, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa ás 12:00 h na Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polo asasinato por violencia machista de Virginia F.V., de 55 anos, veciña de O Carballiño, en Ourense.
05-01-2017

Servizos Sociais desenvolverá ata marzo un programa socioeducativo para mellorar as relacións dentro das familias e previr condutas adictivas

O programa leva o nome de “A familia, máis que un teito”. Un título que se refire á importancia do núcleo familiar na socialización infantil e como primeiro espazo educativo a través da comunicación, do tempo compartido e das emocións.
22-12-2016

Inscríbete en Expresarte!

Se tes máis de 13 anos, e ainda non tes plan para a vindeira semana, inscríbete a Expresarte. Xuntarémonos no CPS de San Valentín de 10:00 a 12:00 h do 26 ao 30 de decembro.
19-12-2016

Concentración de rexeitamento e solidariedade

Hoxe luns 19 de decembro de 2016, concentración silenciosa ás 12:00 h na Casa do Concello para manifestar a condea dos dous  asasinatos por violencia machista de Ana María Enjamio, de 25 anos, veciña de Vigo e Elena Mihaela Marcus, de 30 anos, veciña de Santiago.
15-12-2016

Educar no uso responsable das novas tecnoloxías

Hoxe xoves 15 de decembro, o CEIP Centieiras acollerá de 16.30 h a 18.00 h unha sesión dirixida as familias de nenos e nenas que cursen educación primaria de como educar no uso responsable das novas tecnoloxías.
13-12-2016

Un mundo sen electricidade

Mañá, mércores 14 de decembro, ás 19.30 h, terá lugar na Casa da Cultura de Fene o acto de presentación da publicación “Un mundo sen electricidade”