20-06-2018

Andainas para “recordar o noso” polas parroquias do municipio de Fene

 
A Casa da Maleta ou o Cine Adriano en Barallobre; os antigos lavadoiros e muíños de Magalofes ou o entorno natural de Sillobre son algúns dos lugares que, durante este mes, están a visitar os veciños e veciñas maiores de 55 anos que acoden semanalmente ós obradoiros “Recordando o Noso” que organiza a Concellería de Benestar Social que dirixe Juana Barro. Unha serie de andainas polas parroquias que concluirán o vindeiro luns, 25 de xuño, en Limodre cun percorrido polas praias.
20-06-2018

Concentración silenciosa en Fene de condea e rexeitamento polo asesinato por violencia machista no Porriño

Ás portas da Casa do Concello celebrouse este mañá ás 12 horas unha concentración silenciosa convocada pola Concellería de Benestar Social e Igualdade para manifestar publicamente a condea e rexeitamento polo asasinato por violencia machista de María Magdalena M.A., de 47 anos, veciña do Porriño (Pontevedra). María Magdalena foi presuntamente asasinada este luns polo seu exmarido Tomás Romero Iglesias, de 56 anos, no Porriño, pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas. Este feito constitúe o primeiro acto de violencia machista en Galicia no que vai de ano dun total de 16 no resto de España.
19-06-2018

Fene, xunto a Mugardos e Neda, impulsa o programa de prevención de drogodependencias “Mocidade Activa”

O Concello de Fene, xunto ós de Mugardos e Neda, porá en marcha durante os meses de xullo e agosto o programa “Mocidade Activa”, un proxecto de prevención de drogodependencias e condutas aditivas subvencionado pola Consellería de Sanidade e dirixido a rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos.
29-05-2018

O Concello convida ás familias a un obradoiro sobre prevención de adiccións e bo uso das TICs no marco do programa “Desenrédate”

O Concello de Fene, a través da Concellería de Benestar Social, organiza un obradoiro sobre prevención de adiccións e bo uso da TICs dirixido ás familias. A participación é libre e gratuíta e celebrarase este xoves, 31 de maio, no Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene. Dará comezo ás 18 horas e estará impartido por Octavio Susacasa, mestre e licenciado en psicopedagoxía.
24-05-2018

O Concello organiza para as familias un obradoiro de educación alimentaria

O Concello de Fene, a través da Concellería de Servizos Sociais, celebrará esta tarde a partir das 18 h un obradoiro de educación alimentaria baixo o título “Balancéate!”. Dirixido ás familias, a actividade estará impartida pola pedagoga Eva de Santiago e desenvolverase no Centro Municipal de Servizos Sociais, coa colaboración de centros escolares e ANPAS.
16-05-2018

O Concello promove nos coles obradoiros de prevención de adiccións e bo uso das TICs

O Concello de Fene, a través da Concellería de Benestar Social, promove diferentes obradoiros nos coles en materia de prevención de adiccións e bo uso da TICs. Entre os contidos a abordar, están a identificación de ameazas e riscos; o acoso nas redes; a adicción ás TICs; a violencia de xénero a través destas ou o seu uso saudable e recursos disponibles. Dirixidos a estudantes de Educación Secundaria, buscan tratar de formar e informar no uso responsable das redes.
10-05-2018

Inaugurada en Fene a exposición “20 Anos a Fondo coa Solidariedade”

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego; a directora do CPI A Xunqueira, Isabel Hermida, e a concelleira de Servizos Sociais, Juana Barro, inauguraron esta mañá no centro educativo a exposición “20 Anos a Fondo coa Solidariedade”. Unha mostra que poderá visitarse ata o 31 de maio.
02-05-2018

O Concello promove obradoiros de educación alimentaria nos centros escolares de Fene

Conseguir a adopción de hábitos saudables a través de coñecementos básicos sobre alimentación, ademáis de concienciar e educar sobre os beneficios que aporta o consumo consciente e responsable e os problemas e consecuencias que se derivan do abuso de determinados alimentos e bebidas e o sedentarismo son os obxectivos dos obradoiros de educación alimentaria “Balancéate!” que organizará ó longo do mes de maio o Concello de Fene, a través da Concellería de Benestar Social, e coa colaboración de centros educativos e ANPAS.
22-03-2018

Cinensino trae aos centros escolares de Fene "Hermanos del viento" e "El profesor de violín"

Cinensino é un programa dirixido a alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO que pretende servir de apoio na prevención de codutas adictivas de todo tipo entre a rapazada e a adolescencia.
20-03-2018

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade programa un obradoiro para potenciar a autoestima da mocidade

"Construíndo unha autoestima positiva e unha imaxe corporal diversa en familia" forma parte da programación de educación familiar que se desenvolve ao longo do ano dentro do Plan de Promoción da Saúde e Prevención de condutas adictivas promovido pola Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene.