Nova sesión de contacontos na Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé de Fene, desta vez baseada no conto clásico de Maurice Sendak. A compañía Os Náufragos Teatro trae a Fene este xoves, 8 de outubro, ás 18 horas, a tenra historia de Max, un neno que, logo dun ataque de carraxe, adéntrase nun mundo salvaxe habitado por monstros. A través da narración oral, o xesto, as marionetas, a música e a participación do público, con este espectáculo -dirixido a nenas e nenos de 4 a 8 anos- preténdese acompañar ás crianzas no recoñecemento das súas emocións, especialmente a ira, o medo e o desexo de pertenza.
Para asistir á función deste xoves na biblioteca, cómpre inscribirse previamente por teléfono (981 342 302 ou 607 625 346) ou presencialmente no horario da biblioteca (de luns a venres, de 16.00 a 21.00 horas). Prazas limitadas.