Novas

05-11-2024

Ciencia e arte na segunda sesión do ciclo Contando Ciencia

A xenética no Museo do Prado é o tema da conferencia programada para este xoves na Casa da Cultura de Fene, no marco do ciclo Contando Ciencia que organiza a Biblioteca O Segrel do Penedo do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino. A charla, prevista para as 19.30 horas, correrá a cargo do catedrático de Xenética da USC Gonzalo Álvarez Jurado. Entrada libre e de balde até completar o aforo.
29-10-2024

A Violonchelista de Fene protagoniza un selo especial de Correos adicado á Arte Urbana

O mural “A Violonchelista de Fene”, situado no número 64 da Rúa da Fraga de Fene, será o protagonista dun selo especial dentro da serie “Arte Urbano 2024 de Correos. A tirada, de 70.000 follas bloque, sairá á venda o vindeiro 5 de novembro, cun valor postal de 4,60 €, permitindo que esta obra se converta en parte do patrimonio filatélico do Estado.
23-10-2024

FalaRedes achega a mocidade de Fene ao mundo do cómic

O alumnado de primeiro da ESO do IES de Fene participará o vindeiro luns nun obradoiro creativo de construción de personaxes de cómic, no marco do programa de dinamización do galego FalaRedes, que promove a Secretaría Xeral da Lingua para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) coa colaboración da Concellería de Cultura de Fene. O debuxante Alberto Guitián será o encargado de impartir a actividade na que tomarán parte trinta e dous rapaces e rapazas de 12-13 anos.
10-10-2024

Asinados os convenios de colaboración das Subvencións Nominativas para as entidades Culturais, Deportivas e de Ensino do Concello de Fene

O alcalde de Fene e representantes de varias sociedades culturais, deportivas e de ensino do termo municipal asinaron este mediodía os convenios das Subvencións Nominativas do ano 2024. Os convenios ascenden a un total de 39.100 € para as entidades culturais, 7.500 € para as entidades de ensino e 5.000 € para as deportivas (51.600 € en total). Con anterioridade xa foron asinados os convenios coas sociedades AC Felicia e Centolos AC, por un importe de 11.000 € para cada un deles.
30-09-2024

Eyes-only Ferrol: o arsenal no século XVIII é o tema da primeira conferencia do novo ciclo de Contando Ciencia

O catedrático de Historia Moderna Manuel Reyes García Hurtado inaugura este xoves ás 19.30 horas a cuarta edición do ciclo Contando Ciencia, organizado pola Biblioteca O Segrel do Penedo do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino de Fene. No devir desta charla, titulada Eyes-only Ferrol: o arsenal no século XVIII, o estudoso ferrolán explicará como se construiu o estaleiro ferrolán e a labor de espionaxe de Gran Bretaña, amosando numerosas ilustracións, moitas delas inéditas. Entrada libre e de balde até completar o aforo.
30-09-2024

Sobes ao autobús do teatro?

O Concello de Fene anima á veciñanza a participar no programa Sobes ao autobús do teatro?, do Centro Dramático Galego. Con esta iniciativa o CDG facilita ás persoas interesadas a súa asistencia a unha función teatral -reposición da obra Terceiro acto- o venres 11 de outubro ás 18 horas, no Salón Teatro de Santiago de Compostela.
O desprazamento en autobús será de balde e as persoas que se apunten só terán que aboar o custe da entrada que será de cinco euros por persoa. O día da función sairase da Casa do Concello de Fene ás 15.45 horas e hora prevista para o retorno será ás 20.30 horas.
25-09-2024

Contacontos e maxia no Mes da Biblioteca

Tres espectáculos dirixidos a público familiar anuncia a Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé para o mes de outubro, no marco do Mes da Biblioteca. A primeira función será o xoves 3 ás 18 horas, con Trinketrinke Teatro e o espectáculo “O caracol namorado”, dirixido a nenas e nenos de 4 a 8 anos. Para confirmar asistencia -xa que o número de prazas é limitado- cómpre chamar (tfno. 981 342 302) ou inscribirse na biblioteca a partir do xoves 26 de setembro no horario da instalación (de luns a venres, de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas). Entrada de balde.
24-09-2024

O VI Festival Internacional Entes Animados levará a maxia dos monicreques a Sillobre e Limodre esta fin de semana

Fene acollerá este venres e o sábado dous dos espectáculos do Festival Internacional de Entes Animados 2024 que se está a desenvolver en 8 concellos da bisbarra (Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Narón, Miño, Neda e Valdoviño) ao longo da segunda quincena do mes de setembro. A primeira función, o venres 27, será ás 20 horas no local da SCRD Agarimo de Sillobre e terá como protagonista á compañía Caricata Teatro co espectáculo “A Tourada”. O sábado 28, o certame trasladarase ao local da AVV Santa Eulalia de Limodre, tamén ás 20.00 horas, coa función “My Shadow and Me”, da compañía Drew Colby, Shadowgrapher. Ámbalas dúas sesións serán con entrada libre e de balde até completar o aforo.
23-09-2024

O Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Fene retoma a súa actividade en outubro

Neste luns 23 de setembro abre o prazo para as persoas que desexen apuntarse ao Club de Lectura que organiza a Biblioteca Xosemaría Pérez Parallé de Fene, dirixido a público adulto. As inscricións realízanse na propia biblioteca, presencialmente ou por teléfono (981 342 302), de luns a venres, de 16.00 a 21.00 horas ou os sábados de 10.00 a 13.00 horas. Para participar, unicamente cómpre ter interese pola lectura xa que as persoas que formen parte do club, deberán ler ao mesmo tempo as mesmas obras, de xeito individual. A biblioteca proporcionará un exemplar a cada membro do club, previamente inscrito, que, no caso da sesión prevista para o mes de outubro, será “Senlleiras”, de Antía Yáñez.
17-09-2024

O VI Festival Internacional Entes Animados 2024 volta a Fene e a outros sete concellos da contorna

Con presenza dos/as concelleiros/as e técnicos/as de Cultura dos Concellos participantes e do presidente da Asociación Veciñal de Canido, o Pazo da Cultura de Narón acolleu este mediodía a presentación do 6º Festival Internacional Entes Animados que se celebrará do 20 ao 29 de setembro (fins de semana). Ao longo do certame, seis compañías procedentes de Portugal, Brasil e Inglaterra achegaranse até os concellos de Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Narón, Miño, Neda e Valdoviño para presentar os seus espectáculos que abranguen “desde o teatro de títeres de luva até a narrativa teatral máis engaiolante”. No Concello de Fene haberá funcións o 27 (SCRD Agarimo Sillobre) e o 28 (AVV Santa Eulalia de Limodre) de setembro.