Xaquín Marín Formoso, gañador na categoría de "persoas" do XII premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña.
Museo do Humor Dixomedíxomes15-06-2021
Xaquín Marín no Museo do Humor de Fene
O alcalde, Juventino Trigo, e o Goberno Municipal de Fene felicitan ao debuxante fenés Xaquín Marín Formoso, gañador na categoría de "persoas" do XII premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña.
Á hora de outorgar o recoñecemento, o xurado do certame valorou" o compromiso continuado no tempo, o alcance social do seu traballo e o feito de facer humor gráfico nun contexto histórico de especial dificultade en plena ditadura franquista e en medios de comunicación onde a presenza do galego era residual".
A candidatura de Xaquín Marín ao certame provincial foi presentada polas áreas de Museo e Normalización Lingüística, co apoio da concellería de Cultura e do Goberno Municipal de Fene.
No mesmo certame, tamén acadaron recoñecemento a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, na categoría de entidades, e o Twitter en galego, para iniciativas de xente nova.