02-03-2022
Este venres, 4 de marzo, inaugúrase na Casa da Cultura a nova exposición de pintura da ferrolá Sofía Piñeiro. A mostra, titulada “Un cordero bala entre dos montañas”, recolle unha serie de traballos realizados durante o confinamento no 2020. Trátase dunha “colección de pinturas onde represento ovellas sobre fondos abstractos que funcionan como paisaxes”. O acto, comezará este venres ás 19.30 horas e contará coa presenza, amais da artista, do alcalde de Fene, Juventino Trigo, e do concelleiro de Cultura, Justo Ardá. A mostra de Sofía Piñeiro poderá visitarse en Fene até o vindeiro 28 de marzo, de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas. Os domingos e festivos a sala de exposicións permanecerá pechada.
Segundo Sofía Piñeiro, as obras que compoñen esta exposición xorden “da sensación de inseguridade, a incertidumbre, o medo á falta de liberdade e todas esas sensacións negativas e pesimistas que acontecen inevitablemente durante a pandemia, sumadas á oportunidade de poder expresarme e ter por fin tempo para pintar realmente (cousa que non acontece na normalidade, porque os días se fan moi curtos cando traballo dando clases de pintura e normalmente pinto sempre que poido, no pouco tempo libre que teño)”. A suma destas circunstancias “lévanme a centrarme nas ovellas como símbolo, empatizando con elas, elas sempre confinadas, nós por primeira vez aprendemos de esta experiencia e obedecemos, dóciles, inocentes, asustadas… como as ovellas”.
Por outro lado, “na miña liña existencialista acompañan tamén algunhas pezas da colección `No somos nadie´(2012/2015) onde representaba a grupos de persoas que como rabaños aparecen sen rostro coa intención de obviar as identidades persoáis e conformar identidades de grupo”.
Sobre a artista
Sofía Piñeiro. Ferrol, 1981. Licenciada en Belas Artes, actualmente adícase á pintura, traballando por encargo para diferentes proxectos artísticos como a realización de carteis para festas, pintura mural ou encargos a particulares e o ensino de Arte no seu propio estudo, onde imparte talleres a nenos e adultos dende o ano 2009.
Exposicións individuais
03/19 Almacén Concept Store. A Coruña
06/18 Qué rico. A Vella fábrica de Lápis. Ferrol
10/17 Revelaciones Adicionales. Casa da Muller. Ferrol
12/16 Mil cosas + 1 Deseo. Librería Café Lea. Ferrol
05/16 Cualquier Domingo. Galería Sargadelos. Ferrol
11/14 Gerundios. Gloria Heldmound Galería. Espacio virtual
12/13 Seres. Estudio Abierto. Ferrol
06/12 Sofía Piñeiro. Galería Enrique Vázquez Bellas Artes. Ferrol
04/12 No somos nadie. Centro Torrente Ballester. Ferrol
02/10 La sartén por el mango. Casa da Muller. Ferrol
05/09 Buñuelos de viento, huesos de santo. BBAA. Cuenca
06/06 Where?. Fine Arts Academy. República Checa
Exposicións colectivas
05/21 Col lectiva contemporánea. La Novíssima. Calldetenes. Barcelona
06/16 ARTESTIVAL CUENCA 2016. Centro Cultural Aguirre. Cuenca
04/16 IV Bienal de pintura Joven CROMÁTICA . Museo Municipal de Ourense.
05/15 ARTE E SOLIDARIEDADE. 25 Aniversario Proxecto Home. Afundación ABANCA. Ferrol
11/14 CUARTO|PUBLICO. Gloria Heldmound Galería. Hotel NH Santiago de Compostela.
07/14 CULTURE3CLUB II Edición. Palacio de la Riega. Gijón
05/14 Ficciones Diarias. Nave 73. Madrid
03/14 Puntos de Pintura. Centro Torrente Ballester. Ferrol
09/13 Beca de participación en “III Encontro de Artistas Novos”. Cidade da Cultura. Santiago de Compostela
06/12 Bienal de Pintura Balconadas 2013. Betanzos
07/12 Novo Projecto de Paulo Neves. Galería O Mato. Cucujaes. Portugal
03/10 Ars in itinere. CICUGAPA. París
06/08 Cuenca- Copenhage. BBAA. Cuenca