O Novembro, mes do humor continúa este venres co espectáculo Eran elas, de Avelino González
Museo do Humor Dixomedíxomes19-11-2024
O Museo do Humor Xaquín Marín de Fene acollerá este venres, 22 de novembro, a terceira función do Novembro, mes do humor, ciclo co que está a conmemorar o seu 40º aniversario. Desta vez o protagonista será o monologuista e actor Avelino González. O espectáculo, titulado Eran elas, comezará ás 20.00 horas e a entrada será de balde, previa recollida de invitacións (até un máximo de dúas por persoa adulta) na conserxería da Casa da Cultura de Fene ese mesmo día a partir das 19 horas. Aforo limitado.
De que vai Eran ellas? Segundo adianta Avelino González, neste espectáculo pártese da premisa de que os príncipes azuis son un invento moderno. Antes de que os Grimm, Perrault, Andersen ou Walt Disney collesen eses contos, as mozas pelexaban con dragóns, as vellas salvaban ós novos, Isolda valíase sen Tristán, as princesas ... Antes de que eses contos fosen adaptados á moral, a tradición era máis plural e irreverente, máis divertida, vaia. E ser home era máis descansado!
Trata cita deste venres, o “Novembro, mes do humor” concluirá o venres 29 de novembro con Brais das Hortas actuando na Casa da Cultura de Fene e presentando Contos de defuntos (e outros asuntos).
Ciclo organizado pola Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Deputación da Coruña (Rede Cultural).