Clausura das escolas culturais musicais do Concello de Fene

Clausura das escolas culturais musicais do Concello de Fene

Dende ás 17.30 h actuación do alumnado da escola municipal de piano na Casa da Cultura de Fene.

Baixo a dirección dos mestres Amalia Guerrero e Miguel Pita. No concerto, escoitaranse temas clásicos coma o Canon, de Pachelbel, o Para Elisa, de Beethoven, ou o Can can, de Offenbach. Tamén soarán composicións de pop-rock máis modernas (“Bailando”, de Enrique Iglesias, “Nothing else matters”, de Metallica, ou “Yesterday”, de The Beatles) e temas de bandas sonoras (“Piratas del Caribe BS”, “Let it go” (Frozen), “La pantera rosa BS”, etc).

Ligazóns