Bautismo mergullo adaptado

Bautismo mergullo adaptado

En horario de 17:00 a 18:30 horas na piscina municipal de Centieiras

Os Bautismos de Mergullo adaptado terán lugar na piscina municipal de Centieiras os sábados 10 e 17 de xuño (as persoas que se inscriban terán que asistir os dous días), en horario de 17:00 a 18:30 horas. Neles, cada un dos asistentes estará guiado en todo momento por mergulladores certificados e con adestramento específico para mergullarse con persoas con calquera tipo de discapacidade ou necesidades especiais.

Ademais, os/as participantes empregarán material adaptado (equipo lixeiro) co que practicarán a forma de respiración axeitada, relaxación, normas de seguridade e sinais submariñas. Tamén realizarán xogos adaptados ás necesidades específicas de cada participante.

Ligazóns