Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o 07.03.2023 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:

1. Aprobación, se procede, das actas da sesión ordinaria do 01.02.2024 e da sesión
extraordinaria urxente do 07.02.2024.
2. Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende a núm. 79/2024 á 220/2024.
3. Dación de conta do período medio de pago e morosidade correspondente ao cuarto trimestre
do exercicio 2023.
4. Dación de conta da execución orzamentaria trimestral correspondente ao cuarto trimestre do
exercicio 2023.
5. Aprobación, se procede, da moción de apoio ás reivindicacións dos colectivos feministas con
motivo da celebración do 8-M.
6. Mocións urxentes.
7. Rogos e preguntas.