Nova charla da Escola de Hábitos Saudables de Fene

A conferencia, titulada "Mitos VS realidade, sobre unha alimentación saudable" terá lugar o venres, 15 de marzo, ás 12.00 horas na Casa da Cultura de Fene e correrá a cargo da nutricionista Iria González.

A nutrición como calquera ciencia avanza, polo que é moi importante estar actualizados e achegar información con evidencia científica. Por iso, o obxectivo desta charla é “desmentir todos os mitos e aportar información con rigor científico e actual no mundo da alimentación saudable”.

Iria González é dietista-nutricionista no Centro de Saúde de Fene. Realizou o grao en Nutrición Humana e Dietética e un Máster Universitario en Condicións Xenéticas, Nutricionais e Ambientais no Crecemento e Desenvolvemento. Desde 2019 traballa como dietista-nutricionista no ámbito clínico privado. E en decembro de 2022 incorpórase ao SERGAS (CS Fene), como dietista-nutricionista, con funcións tanto na asistencia clínica como na comunitaria.