En horario de 15.30 a 21.00 h en San Valentín.

A doazón é un acto cómodo, sinxelo e que non prexudica a nosa saúde, permitindo a moitas persoas resolver graves problemas de saúde e, mesmo, salvar a súa vida. Para doar sangue só é preciso ter máis de 18 anos, pesar máis de 50 quilos e non padecer nin ter padecido enfermidades transmisibles polo sangue (hepatites B ou C, sífilis ou SIDA).