Festa da Veciñanza

Ás 20.00 horas celebrarase no concello de Fene unha nova edición da Festa da Veciñanza, xornada de convivencia interxeracional na que maiores e pequenos de Fene comparten unha xornada de lecer, gastronomía e música.

As persoas que desexen asisitir á churrascada da Festa da Veciñanza poderán mercar os seus tickets antes do vindeiro 10 de xullo nas sociedades CPS de San Valentín, CCRD de Perlío, CMI Unidade de Fene, ACDR Liga de Amigos de Barallobre, ACDR O Pote de Maniños, AVV de Limodre, AVV de Magalofes ou SCRD Agarimo de Sillobre. O mesmo día 13, na praza do alcalde Ramón Souto González, só se poñerán á venda un máximo de 200 tickets.

Nesta nova edición da Festa da Veciñanza, os tickets venderanse ao prezo de 5 €, podendo logo canxearse por unha ración que incluirá prato de empanada, churrasco, bola de ovo e botella de auga.

A churrascada, que organiza a AAVV de Magalofes coa colaboración das sociedades culturais e veciñais de Fene e do propio Concello, comezará ás 20.00 horas e completarase a partir das 22.30 horas cun “baile actuación” a cargo do Trío Siboney. Para os máis pequenos/as da casa, anúnciase tamén unha zona de inchables.

Ligazóns