Data 06-07-2017
ORDE DO DÍA
1. Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende o núm. 562/2017 ao núm. 713/2017
2. Dación de conta da liquidación do orzamento do exercicio 2016
3. Dación de conta do informe de seguimento do Plan económico financeiro 2016/2017 correspondente ao exercicio 2016
4. Aprobación, se procede, do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos 5/2017
5. Aprobación, se procede, da aprobación inicial do expediente de modificación de créditos 5/2017, subexpediente 1/2017 de
suplemento de créditos.
6. Aprobación, se procede, da rectificación de erros do acordo de creación do asento 47 do Epígrafe 1º Bens Inmobles,
Grupo 1
7. Aprobación, se procede, da modificación do cadro de persoal para a súa adaptación á modificación da RPT publicada no
BOP núm. 140 do 26.07.2016
8. Aprobación, se procede, da modificación da relación de postos de traballo e do cadro de persoal
9. Aprobación, se procede, da Proposta da concellería de Benestar Social e Igualdade de aprobación do III Plan de
igualdade de oportunidades para mulleres e homes do Concello de Fene
10. Aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía da solicitude á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da
desafectación do servizo educativo da escola de Magalofes
11. Mocións urxentes
12. Rogos e preguntas