Axudas para a festividade de Reis 2017

Prazo presentación: 10 días naturais contados a partires do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletin Oficial da Provincia. (BOP 8 de novembro de 1017)

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do concello acompañadas da seguinte documentación:

- Impreso de solicitude debidamente cumprimentado e asinado polo ou pola solicitante que será facilitado no Departamento de Benestar Social e Igualdade e no que se deberán indicar os agasallos para os que se solicita a subvención.

- Declaración xurada sobre a situación persoal, familiar e económica do ou da solicitante e demais membros da unidade familiar independente, que se facilitará en documento oficial, debidamente cumprimentada e asinada polo ou pola solicitante. Nesta declaración se manifestará a existencia de capital mobiliario e/ou inmobiliario.

- D.N.I. do ou da solicitante e demais membros da unidade familiar independente.

- Libro de Familia e/ou do Título de Familia Numerosa, no seu caso.

- En caso de separación e/ou divorcio, sentencia xudicial e/ou convenio regulador e xustificantes de ingresos por este concepto ou declaración xurada de non percibir a prestación recoñecida, se fose o caso.

- Xustificantes económicos referidos a 3 meses, a saber: xullo, agosto e setembro de 2017 de todas as persoas maiores de 18 anos que formen a unidade familiar independente, segundo corresponda.

- Última declaración da renda das persoas físicas correspondente ao exercicio 2016, e referida ao proxenitor ou proxenitores ou titor ou titores do ou da menor e, no caso de non presentala, declaración xurada sobre a non obriga de realizala (documentos que se terán en conta aos efectos de comprobación e valoración do expediente e non a efectos de computar os ingresos da unidade familiar).

- Xustificante de gastos derivados do aluguer ou amortización da vivenda no período computable, a saber: meses de xullo, agosto e setembro 2017.

- Certificación bancaria de todas as contas bancarias do ou da solicitante e unidade familiar independente, referido ao saldo existente a 31 de decembro do 2016.

- Volante de empadroamento da unidade de convivencia con indicación do tempo de residencia.

- Debe acompañarse certificado de non incorrer nas prohibicións para obter a condición de beneficiario/a sinaladas no art. 13 de Lei Xeral de Subvencións (BOE nº 276 de 18 de novembro de 2003), que segundo regula dito artigo poderase realizar mediante testemuño xudicial, certificados telemáticos ou transmisións de datos (...) e cando dito documento non poida ser expedido pola autoridade competente, poderá ser substituído por unha declaración responsable outorgada ante a autoridade administrativa ou notario público.

- Declaración responsable de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa Seguridade Social e co Concello de Fene, así como de non ter pendente de xustificar ningunha outra subvención municipal concedida.

- Declaración responsable de ter ou non solicitadas e/ou concedidas outras axudas para o mesmo concepto no decurso do último trimestre do ano 2017.

- Certificado ou certificados de minusvalía que se aleguen para o baremo.

- Documento de designación de conta bancaria

- Os documentos que se queiran presentar que xustifiquen as circunstancias que puntúan no baremo.

A solicitude ou solicitudes nas que se observe a falta de documentación fundamental para a súa valoración, será requirida por escrito ao ou á solicitante para que, no prazo máximo de 10 días dende a recepción da comunicación, presente a documentación solicitada indicándoselle que se non a presenta se terá por desistida a súa solicitude, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 71 da Lei 30/92 de 26 de novembro.