Clausura o obradoiro de creación literaria "A Grafía da Emoción"

Ao acto de clausura da actividade, que terá lugar este xoves ás 18.30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Fene, asistirán o alcalde de Fene, Juventino Trigo, o concelleiro de Cultura de Fene, Justo Martínez, a vicepresidenta da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, Mercedes Queixas, e o deputado provincial Xesús Manuel Soto.