Desfile do entroido fenés

Desfile comparas polas rúas de Fene

Día: 14.02.2018

Hora: Saída ás 18.00 h de Perlío

As agrupacións participantes sairán ás 18.00 horas de Perlío (Aguilar), percorrendo a Avda. Marques de Figueroa, Avda. Naturais e Avda. Do Concello. O desfile finalizará  na Praza do alcalde Ramón Souto Gonzáez onde terá lugar a actuación das comparsas, a lectura do testamento e a posterior queima do Antón co espectáculo pirotécnico. En caso de chuvia, suspenderase o percorrido das comparsas que actuarán directamente na Praza do alcalde Ramón Souto González. A suspensión do desfile anunciarase nesta páxina web a partir das 14:00 h do mércores 14 de febreiro.