Sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o vindeiro 01.02.2018 ás 18.00 h. en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:

1. Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende o núm. 1495/2017 ao núm. 84/2018
2. Aprobación, se procede, da proposta da Alcaldía de determinación dos dereitos de imposible ou dificil recadación, exercicio 2017
3. Aprobación, se procede, da aprobación do proxecto “Adecuación e mellora do camiño de Buio (Sillobre)”
4. Aprobación, se procede, da solicitude de compatibilidade
5. Aprobación, se procede, da Moción de apoio ás demandas da plataforma SOS Sanidade Pública, para solicitar a retirada do anteproxecto de modificación da Lei Galega de Saúde do ano 2008
6. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, do Convenio tipo para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e as prazas auxiliares de policía local ou as prazas de vixilantes municipais
7. Mocións urxentes
8. Rogos e preguntas