Exposición "As Mulleres" de Yolanda Vizoso.

Do 9 ao 30 de abril

Lugar: Casa da Cultura de Fene

Horario: De luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas.

A exposición “As mulleres” sitúa a muller como tema central. Segundo a artista, Yolanda Vizoso, nesta mostra “manteño esperto o senso da maravilla do mundo da muller. Unha muller poética, sentimental, na que ensalzo máis a beleza estética que a técnica pictórica; xa non busco a perfección técnica porque a natureza da muller é belamente imperfecta e, na imperfección, nacen cousas diferentes, cousas elevadas”.