Inauguración “As mulleres” de Yolanda Vizoso

Lugar: Casa da Cultura

Horario: 20.00 h

A exposición “As mulleres” sitúa a muller como tema central. Segundo a artista, nesta mostra “manteño esperto o senso da maravilla do mundo da muller. Unha muller poética, sentimental, na que ensalzo máis a beleza estética que a técnica pictórica; xa non busco a perfección técnica porque a natureza da muller é belamente imperfecta e, na imperfección, nacen cousas diferentes, cousas elevadas”.