"Anecdoloxía", con Oswaldo Digón, no Día dos Museos

Para conmemorar o "Día dos Museos", o Museo do Humor agasállanos con "Anecdoloxía", un monólogo que, segundo Oswaldo Digón, "é un rexistro das crónicas que ten escoitado, vivido ou lido mentres agardaba no aeroporto, viaxando en tren ou simplemente sentado nalgunha cafetería. Todas elas teñen unha base real e unha gran dose de comedia.

Recomendado para público adulto.

Organiza: Concellería de Cultura de Fene coa colaboración de "Cultura no Camiño" da Xunta de Galicia.