Guía de lecer “Vén a Fene”

O salón de plenos da casa consistorial de Fene albergará o xoves, 5 de xullo, o acto de presentación da guía de ocio “Vén a Fene”, na que se recollen todas e cada unha das propostas e actividades que, entre xullo e decembro, se desenvolverán nas diferentes parroquias do municipio, organizadas por Concello e tecido asociativo. O acto dará comezo ás 16,30 horas e nel intervirán o alcalde, Gumersindo Galego, e os concelleiros de Promoción Turística, Juan José Franco, e Promoción Económica, César Castro.