Día: 09/07/2018

Hora: 22.00 h

Lugar: Praza do Concello

A compañía Circo Chosco, co seu espectáculo “Forzu2”, inaugurará o ciclo este luns ás 22 horas. Un show de novo circo no que o humor e o absurdo son eixes centrais. Ata Fene trasladaranse dous atletas ben cómicos que protagonizarán esceas olímpicas, malabares, acrobacias, números de incrible forza e xogos co público. Risco, desastre, sorpresa e absurdo son palabras que poden aparecer en calquera momento, pero estes dous artistas saben saír de todas as situacións que lles comprometen continuamente. Coa presenza constante da técnica en forma de portés, lume, acrobacias aéreas e malabares imposibles.