Objetivo Ferrol 2.0

Na Casa da Cultura de Fene, até o 14 de xaneiro. 

A exposición “Objetivo Ferrol 2.0” abrirá as súas portas na Casa da Cultura de Fene este mércores 21, onde permanecerá até o 14 de xaneiro. Poderá visitarse nos horarios habituais do centro, de 10 a 13.00h. pola mañá de luns a sábado e de 16 a 21.00h. polas tardes de luns a venres. A exposición beneficiarase dos horarios ampliados da Casa da Cultura-Museo do Humor co gallo das festas do Nadal. Do 22 de decembro ao 6 de xaneiro as instalacións abrirán ata as 14.15h. polas mañás e os días 22, 27 e 29 de decembro tamén o farán pola tarde entre as 17 e as 21.00h. Os domingos e festivos estarán pechadas.