Día: 12/07/2018

Hora: 20.00 h

Lugar: Praza do Concello de Fene

O Concello convida á veciñanza á Festa dos Avós, que incluirá un xantar popular con degustación gratuíta de racións. O Concello fai este esforzo para recompensar o que fan precisamente as persoas maiores cada día para continuar construíndo unha sociedade mellor e sostendo en moitos casos tantas familias. As bebidas haberá que abonalas, aínda que a recadación terá un destino social, xa que se dirixirá a Cáritas. Recupérase así unha tradición iniciada na anterior lexislatura cunha grande afluencia de veciños e veciñas.

E, sobre as 22,30 horas, actuación da orquestra Nautilus Band, que ofrecerá en Fene o seu espectáculo “Chega o baile”. Un show moi dinámico e variado co fin de poder satisfacer as necesidades e peticións máis específicas dos diferentes públicos, abarcando dende os boleros máis nostálxicos ata os ‘covers’ do rock máis actual; todo isto sen descoidar a música da verbena galega que segue a ser o seu sinal de identidade, especialmente na nosa lingua. Dúas trompetas e un saxo, dous percusionistas, teclado, baixo, guitarra e catro cantantes sobre o escenario para garantir que “chega o baile”.