Romería Santa Ana

A partir das 11 horas está convocada unha concentración na Casa do Concello para saír ás 11,30 h cara a capela. Á chegada, servirase un refrixerio e callos. O programa continuará ás 13,30 h coa misa e a procesión e, de seguido, celebrarase a sesión vermut. A mediodía, servirase o xantar que, a prezo de 10 euros, incluirá churrasco e mexilóns. As reservas poden realizarse no teléfono 670 831 522. Actuará o grupo de música folk Boj e haberá inchables para os máis pequenos da casa.

Conferencia e romaría están organizadas pola Concellería de Promoción Económica que dirixe César Castro, e inclúense no programa municipal Vén a Fene. Así mesmo, as entidades Os Tadetas, AVV Fene, CMIU Fene, AVV de Magalofes –que preparará o churrasco- e Asociación de Amas de Casa tamén colaboran no proxecto.