Festa infantil do entroido

Día: 05/03/2019

Hora: 17.30 h

Lugar: praza do Alcalde Ramón Souto González

 

O programa do entroido en Fene arrincará o martes 5 de marzo cunha gran Festa Infantil. Será a partir das 17,30 horas na praza do Alcalde Ramón Souto González, onde se habilitará unha gran carpa para acoller as actividades e para anticiparse a unhas posibles condicións meteorolóxicas adversas. La Guagua será a encargada de guiar diversas actividades para o disfrute e diversión dos máis pequenos da casa e, en lugar de entrada, o único requisito para participar é vir disfrazados. Durante a xornada haberá degustación de lambetadas de Entroido. Pero se a tarde é para nenos e nenas, os maiores terán un oco destacado xa entrada a noitiña. A partir das 21 horas, celebrarase a homenaxe a título póstumo a Juan “O Negro”, integrante da AC Os Tadetas e persoa moi querida e recordada en Fene. Media hora máis tarde, celebrarase un gran baile de Martes de Entroido coa música en directo do grupo Los Zares.