Sesión extraordinaria

Que se convoque ao Concello Pleno á sesión extraordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o vindeiro 30.04.2019 ás 09.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:


1. Sorteo dos membros das mesas electorais con motivo das eleccións ao Parlamento Europeo e ás eleccións locais do 26.05.2019
2. Aprobación, se procede, do expediente de modificación de créditos núm. 2/2019, subexpediente núm. 1/2019 de crédito extraordinario e suplemento de crédito
3. Aprobación, se procede, do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos núm. 1/2019
4. Aprobación, se procede, do expediente de modificación de créditos núm. 3/2019, subexpediente núm. 1/2019 de suplemento de crédito
5. Aprobación, se procede, do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos núm. 2/2019
6. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, do expediente de modificación de créditos núm. 4/2019, subexpediente núm. 2/2019 de suplemento de créditos e créditos extraordinarios