Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o 02.01.2020 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:


1. Aprobación, se procede, da aprobación inicial da modificación da ordenanza reguladora do servizo de
taxi no Concello de Fene.
2. Aprobación, se procede, da solicitude á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de
desafectación do servizo educativo das escolas de educación infantil de propiedade municipal.
3. Mocións urxentes
4. Rogos e preguntas