Presentación de Nomes de fume, libro gañador do Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé

Presentación do libro gañador do XXIX Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé

Ás 20.00 h no Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene


No acto deste sábado estará presente, ademais da autora e do editor, a presidenta do CMI, Paula Romero, o alcalde de Fene, Juventino Trigo e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González. Fará a presentación do libro o poeta Ismael Ramos, unha das máis interesantes e exitosas voces da nova poesía galega.
O acto rematará coa actuación do dúo Amalia-Manuel .