C.C.R.D. Perlío. Sección Recreativa

Actividades Recreativas que se veñen desenrolando durante os derradeiros anos:

En Marzo facemos a Festa da Cachola

En Abril a Festa das Fabas con Ameixas

No mes de Agosto ou a primeiros de Septembro, facemos unha Gran Churrascada na Pista Ameneiral pra todos os veciños.

En Outubro a Festa dos Callos.

Tamén dedicamos un dia a Festa do Lisco.

Durante o ano fanse varios Campionatos, Ping-Pong, Tenis, Tute e Dominó. Os campeonatos de Tute e Dominó empezámolos no mes de Novembre e rematan sobre o mes de Abril, nunha ceremonia de entrega de trofeos pra todos os participantes.

Nas Escolas Obradoiros impártense crases de Bolillos, Bordado, Ximnasia de Mantemento, Baile de Salón, Batuka.

Tamén temos Escola de Tenis formada por unhos 35 rapaces. As clases son os venres po la tarde e os sabados de mañan, e empezan no mes de Outubro e rematan no mes de Xuño. Durante a Semana Santa facemos un Torneo pra todos os interesados neste deporte e sobre todo pra os componentes da Escola. Nos meses de Xullo e Agosto po las tardes facemos unha liga por categorias, e tamén nos mismos meses po la mañán en conxunto co noso Concello dase un curso de Veran de Iniciación ao Tenis, pra todos os rapaces do Concello.

Todos os interesados en formar parte destas Escolas poden pasar polo noso local social, o falar directamento cos monitores que levan as mesma.