Escolares do colexio Jorge Juan coñecen o traballo do servizo municipal de limpeza

Escolares do colexio Jorge Juan coñecen o traballo do servizo municipal de limpeza

Operarios do servizo municipal de limpeza desprazáronse onte pola mañá ao colexio Jorge Juan de Perlío cos seus equipos de traballo para mostrarlles aos nenos e nenas do centro o seu día a día. A actividade formaba parte do programa educativo do colexio, xa que os alumnos e alumnas están a estudar profesións vinculadas coa rúa. E, neste caso, viron en directo o traballo dos operarios municipais. No transcurso da demostración, o alcalde de Fene, Gumersindo Galego, realizou unha visita ás instalacións en compañía dos concelleiros de Servizos Sociais, Juana Barro; Obras, Alejandro Dopico, e Servizos, Andrés Serantes, responsable este último da área na que se inscribe o servizo municipal de limpeza
Alí, o equipo de traballadores desprazou as súas barredoras, os carros e, tamén, o camión de recollida do lixo. E, alí, uns 130 nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de Educación Infantil comprobaron o seu funcionamento.