O Concello entrega placas de agradecemento aos centros educativos participantes no acto de Fenés do Ano

CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO

O Concello entrega placas de agradecemento aos centros educativos participantes no acto de Fenés do Ano

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, e os concelleiros de Promoción Económica, Juan José Franco, e Educación, Juana Barro, desprazáronse esta mañá aos centros educativos que colaboraron no acto de entrega da distinción do Fenés do Ano, que recaeu no escritor local Ramón Loureiro, para recoñecer a participación do seu alumnado. Un recoñecemento que se traduciu nunha placa de agradecemento. O alcalde recordou neste sentido que foron estudiantes dos colexios Jorge Juan de Perlío, A Xunqueira de San Valentín, Os Casais de Maniños e o IES de Fene, en Barallobre, os protagonistas dun dos momentos máis emotivos do acto, coa lectura de diferentesfragmentos de obras do propio Ramón Loureiro.Con este pequeno detalle, o Concello quere agradecer esa disposición dos centros educativos a colaborar coas actividades e accións que leva a cabo a Administración local.