Convocatoria de acreditación competencias profesionais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación

Convocatoria de acreditación competencias profesionais

O servizo de Orientación Laboral do Concello de Fene informa sobre as convocatorias abertas no proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través de experiencia laboral.

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publica unha orde no DOG (Diario Oficial de Galicia) do día 10 de xaneiro, pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, de distintas familias  profesionais:

- Administración e xestión
- Agraria
- Comercio e márketing
- Edificación e obra civil
- Electricidade e electrónica
- Enerxía e auga
- Fabricación mecánica
- Hostalería e turismo
- Imaxe persoal
- Industrias alimentarias
 - Informática e comunicacións
- Instalación e mantemento
- Madeira, moble e cortiza
- Química
- Sanidade
- Servizos socioculturais e á comunidade
- Transporte e mantemento de vehículos

Requisitos

• Nacionalidade española, dispor do certificado de rexistro de cidadanía comunitaria ou da tarxeta fa familiar de cidadán da Unión Europea, ou ser titular dunha autorización de residencia ou de residencia e traballo en España en vigor.

• Ter feitos no momento de realizar a inscrición 18 anos para as unidades de competencia de nivel I e 20 anos para as unidades de competencia de unidades de nivel II e III.

• Ter experiencia laboral e / ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:

- Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, para as unidades de competencia de niveis II e III. Para as unidades de competencia de nivel I, xustificarán cando menos 2 anos cun mínimo de 1,200 horas traballadas en total

- Formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos, para as unidades de competencia de niveis II e III. Para as unidades de competencia de nivel I, xustificarán polo menos 200 horas.

Prazo de presentación de solicitudes:

10 de xaneiro ao 2 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos.

Máis información no servizo de orientación laboral do Concello de Fene

Teléfono 981 492 767. orientacion.laboral@fene.es

Ligazóns