O Concello organiza unha charla sobre a normativa en prevención de incendios e as distancias de plantación forestal

O Concello organiza unha charla sobre a normativa en prevención de incendios e as distancias de plantación forestal

O concelleiro de Medio Ambiente, César Castro, convida á veciñanza a participar na cita, que se celebrará este martes ás 20 horas no salón de plenos

Ofrecer toda a información posible sobre a normativa en materia de prevención de incendios forestais aprobada recentemente pola Xunta de Galicia e, especialmente, sobre as distancias de plantación forestal establecidas é o obxectivo principal da charla organizada pola Concellería de Medio Ambiente que dirixe César Castro. Unha charla aberta á veciñanza e promovida a raíz precisamente da necesidade de información trasladada ó departamento municipal. Celebrarase este martes, 15 de maio, ás 20 horas no salón de plenos da Casa do Concello.


Nesta liña, o edil César Castro explica que a conferencia correrá a cargo de técnicos do Distrito Forestal e dun axente forestal e destaca a colaboración prestada pola Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil de Fene na súa organización.

Por último, convida á veciñanza a acudir á cita, na que se abrirá unha quenda de
preguntas para que os presentes poidan trasladar as súas dúbidas.