Fene e Cabanas mellorarán o firme e a sinalización da rede viaria do polígono de Vilar do Colo cunha axuda da Xunta

Fene e Cabanas mellorarán o firme e a sinalización da rede viaria do polígono de Vilar do Colo cunha axuda da Xunta

A actuación levarase a cabo no tramo comprendido entre as dúas rotondas emprazadas na Avenida de Astano

Os Concellos de Cabanas e Fene realizarán conxuntamente unha actuación de mellora da rede viaria no polígono industrial de Vilar do Colo.

Para iso, contarán cunha achega de 112.815,31 euros procedentes da Consellería de Economía, que supón o 95% do custe total da intervención. A Xunta daba o visto bo ó proxecto presentado por ambos concellos, que contempla a mellora do firme e a dotación de nova sinalización, vertical e horizontal.

Máis en concreto, a actuación levarase a cabo no tramo do polígono comprendido entre as dúas rotondas situadas na Avenida de Astano (a ubicada na intersección da mesma avenida coa rúa Mareira de Cabanas e a rúa Cataventos de Fene e a emprazada no acceso dende a N651).