A Oficina de Turismo de Fene abre as súas portas
03-07-2018
O Concello de Fene abriu esta mañá as portas da Oficina Municipal de Turismo. O horario previsto é de mañá (entre as 10 e as 13 horas) e tarde (entre as 17 e as 20 horas), de martes a sábado. A oficina está emprazada na Avenida Naturais e, nela, ofrécese un servizo de acollida, orientación e asistencia aos visitantes, facilitándolles información sobre os principais recursos do municipio e tamén a programación cultural e deportiva.
Así mesmo, o edil de Promoción Turística, Juan José Franco, engade que a partir deste venres veciños e visitantes terán nestas instalacións os programas e guías
“Vén a Fene”, nas que se inclúen todas as actividades e propostas de ocio que se celebrarán no municipio ó longo do ano, tanto as organizadas polo Concello como
aquelas que promove o tecido asociativo. Por último, Juan José Franco apunta que tamén se pon en servizo o seguinte número para consultas: 981 34 40 82, e correo turismo@fene.gal.
A oficina estará operativa durante catro meses, e o Concello conta cunha achega duns 6.000 euros da Deputación para a súa posta en marcha.