O Concello conclúe a primeira fase das obras de aglomerado do camiño do Buio

O Concello conclúe a primeira fase das obras de aglomerado do camiño do Buio

A intervención contou cun orzamento de 38.765 euros a financiar con cargo ó PEIM 2017 e, actualmente, a segunda fase da obra está pendente de adxudicación

O Concello de Fene vén de concluír a primeira fase das obras de acondicionamento do camiño do Buio, na parroquia de Sillobre. Unha intervención que, segundo explicou o alcalde, Gumersindo Galego, contou cun investimento de 38.765 euros procedentes do PEIM 2017 da Axencia de Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). 
A actuación contemplou o asfaltado e pintado do primeiro tramo do vial, de 1.130 metros de lonxitude e catro de ancho. A actuación completarase nas próximas semanas coa segunda fase, pendente de adxudicación nestes momentos e a financiar con cargo ó PEIM 2018.
Nas últimas semanas, o Concello de Fene aceleraba a tramitación administrativa para evitar a perda dos fondos. Nesta liña, Galego lembrou que, pese a que a Xunta notificou en maio de 2017 a concesión da achega, no mes de abril de 2018 a intervención aínda non se sacara a contratación e coa obriga de ter que xustificala en setembro.