O Concello tramita as solicitudes para optar ás prácticas en empresa que promove a Deputación para persoas desempregadas

O Concello tramita as solicitudes para optar ás prácticas en empresa que promove a Deputación para persoas desempregadas

Están dirixidas a veciños e veciñas menores de 30 anos e o prazo permanecerá aberto ata o vindeiro 21 de decembro

O concelleiro de Formación e Emprego, Juan José Franco, informou esta mañá de que o Concello tramita as solicitudes para participar nas prácticas profesionais en empresa relacionadas coa formación académica ou laboral que promove a Deputación da Coruña dentro do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove. Prácticas dirixidas a persoas desempregadas menores de 30 anos que se realizarán nas instalacións das empresas colaboradoras, cunha xornada laboral estipulada pola empresa colaboradora e o seu convenio colectivo sectorial ou empresarial para o posto a desempeñar.


O obxectivo deste programa é facilitar a oportunidade de realizar prácticas profesionais nunha empresa, 760 horas, aproximadamente 6 meses de duración, fomentando a súa empregabilidade a través da adquisición de experiencia profesional. Así mesmo, acompañaranse de formación complementaria que inclúe lingua estranxeira e igualdade de oportunidades.


Para participar no programa é preciso estar empadroado/a nalgún dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia; ter menos de 30 anos e estar rexistrado/a no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil; non estar realizando accións formativas nin educativas; non estar traballando e cumprir os requisitos de formación académica ou laboral, certificado de profesionalidade nivel 3.


O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o venres 21 de decembro e, para recibir máis información e tramitar a inscrición, as persoas interesadas deben dirixirse á Área de Formación e Emprego “Pancho Allegue”, praza do Alcalde Ramón Souto González, no teléfono 981 492 767 ou no correo orientacion.laboral@fene.gal.

Ligazóns