Proceso de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación
28-01-2019
O servizo de Orientación Laboral do Concello de Fene, informa sobre as novas convocatorias abertas no proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través de experiencia laboral (DOG 21/01/2019).
A Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria abriu a convocatoria de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través de experiencia laboral ou formación non formal, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
Deste xeito convócanse prazas en unidades de competencias dirixidas a aqueles traballadores e traballadoras con experiencia laboral ou formación non formal nas seguintes cualificacións profesionais:
Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, 300 prazas.
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, 250 prazas
Socorrismo en espazos acuáticos naturais, 225 prazas
Socorrismo en instalacións acuáticas, 225 prazas
Tanatopraxia, 150 prazas
Docencia de formación persoal para o emprego: 100 prazas
Operacións auxiliares de fabricación mecánica, 100 prazas
REQUISITOS :
Nacionalidade española, residente comunitario ou familiar deste ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor
Ter 18 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición, para o caso de unidades de competencia profesional de nivel 1 e 20 anos cumpridos para os niveis 2 e 3.
Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial nin estar realizando curso de formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.
Ter experiencia laboral e / ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar.
Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos.
Formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos.
PRAZO :
Prazo de inscrición: 22 de xaneiro a 11 de febreiro de 2019, ambos os dous días inclusive.
As persoas interesadas que precisen información ou orientación poden ao respecto poden contactar co servizo no teléfono 981 492 767 ou a través da caixa de correo: orientacion.laboral@fene.gal