Conclúen os traballos de substitución das ventás e instalación de sistemas antipánico no CEIP Centieiras

Conclúen os traballos de substitución das ventás e instalación de sistemas antipánico no CEIP Centieiras

O xefe territorial da Consellería de Educación, Indalecio Cabana, e o alcalde, Gumersindo Galego, supervisaron os traballos realizados pola Xunta

Galego avanzou o inminente inicio das obras para cubrir a pista deportiva, tras a recente adxudicación por valor cercano aos 300.000 euros

O xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Indalecio Cabana, xunto ao alcalde de Fene, Gumersindo Galego, e a edil de área, Ana Novo, visitaron o CEIP Plurilingüe de Centieiras para supervisar o remate dos últimos traballos realizados no centro, que contemplaron a renovación dunha boa parte das ventás e máis a dotación de sistemas antipánico nas portas de entrada, saída e máis do ximnasio.


Foi a finais do curso pasado, noutra visita realizada por Cabana e Galego ao centro para a entrega de novos equipos informáticos cando a dirección lles planteou a necesidade de instalar novas ventás para mellorar o illamento. Unha demanda que agora se viu satisfeita. Nesta liña, o alcalde destacou que a medida tamén traerá consigo un aforro enerxético importante e, ao respecto, lembrou que a principios de curso o Concello dotaba o centro dun novo sistema de calefacción cun investimento de 11.000 euros que xa rebaixaba o consumo respecto ao anterior.


Gumersindo Galego aproveitou a visita para informar da recente adxudicación das obras de cubrición da pista deportiva do CEIP por un importe cercano aos 300.000 euros procedentes do remanente de tesourería. As obras iniciaranse nas próximas semanas dando así cumprimento a unha demanda da comunidade educativa longamente revindicada, xa que ata o momento non disponían dun espazo cuberto para desenvolver as clases de ximnasia ou os recreos nos días de choiva. Ademais, o Concello tamén contempla o acondicionamento das gradas exteriores cun investimento estimado de 40.000 euros.