O Mago Antón ofrecerá seis sesións de maxia este sábado en Fene para os máis pequenos e pequenas da casa
20-03-2019
O concelleiro de Promoción Turística, Juan José Franco, sinala que a actividade inclúese no programa
Os máis pequenos e pequenas da casa teñen unha cita obrigada este sábado 23 de marzo en Fene. O concelleiro de Promoción Turística, Juan José Franco, avanzou que o Concello traerá ao Mago Antón ao municipio para que estes poidan disfrutar dos seus trucos e xogos. Será nun recinto pechado, na praza do Alcalde Ramón Souto González, en horario de mañá e de tarde. E é que o ilusionista ofrecerá ata seis espectáculos ás 12 h, 13 h, 18 h, 19, 20 e 21 horas. Iso si, o aforo é limitado e para asistir aos mesmos terase en conta a orde de chegada.
A actividade inclúese no programa de promoción turística “Ven a Fene”, co que o Concello ofrece razóns e reclamos para disfrutar do municipio. Este sábado, será o Magomóbil, deseñado para ofrecer, a un ritmo trepidante, xogos de maxia creados polo Mago Antón. Unha proposta cargada de auténtica fantasía.