O Concello adhírese á campaña “20S Emerxencia Feminista” que alerta dun incremento da violencia machista

O Concello adhírese á campaña “20S Emerxencia Feminista” que alerta dun incremento da violencia machista

A noite do 20 de setembro iluminarase de violeta e a corporación participará nunha concentración para concienciar sobre este problema

O Concello de Fene adheriuse á campaña “20S Emerxencia Feminista”, que plantea mobilizacións o 20 de setembro para alertar do incremento da violencia de xénero logo dun verán negro e un mes de xullo no que cada dous días foi asasinada unha muller en algún lugar de España.

O pleno municipal aprobou por unanimidade a adhesión a esta campaña, apoiando así unha moción presentada polo PSOE. Deste xeito, o Concello de Fene participará nunha concentración como mostra do seu compromiso na loita contra a violencia machista e iluminarase de violeta a noite do 20 de setembro con este mesmo fin. Haberá tamén un pronunciamento público da corporación municipal contra toda forma de violencia contra as mulleres.

En Galicia, esta campaña está sendo promovida por organizacións como a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia, a Rede Galega pola Igualdade, o Foro Feminista Maruxa Mallo, a Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galegas e outros colectivos. Saúdos, Gabinete de Comunicación