Rematan as obras na beira esquerda da avenida Marqués de Figueroa

Rematan as obras na beira esquerda da avenida Marqués de Figueroa

Os traballos consistiron na construción de beirarrúas, a instalación de novos puntos de luz, alcorques e un suxeita colector de aceiro inoxidable

O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá do remate das obras de reurbanización da beira esquerda da avenida Marqués de Figueroa, en Perlío.

O rexedor explicou que os traballos consistiron na construción de beirarrúas con baldosas de formigón e materiais táctiles no percorrido do paso de peóns, instalación de dous novos puntos de luz con tecnoloxía LED, colocación de alcorques e instalación dun suxeita colector de aceiro inoxidable.


Os traballos financiáronse con cargo ao POS+2018, que asignou ata 106.216,42 euros a este proxecto e á