Rematado o rebacheo e aglomerado da estrada da Palma ao seu paso por Barallobre

Rematado o rebacheo e aglomerado da estrada da Palma ao seu paso por Barallobre

A intervención, que executa a Xunta a instancias do Concello, completarase nos vindeiros días cos traballos de sinalización horizontal e vertical

A Xunta de Galicia, a instancias do Concello de Fene, concluíu a semana pasada os traballos de rebacheo e aplicación dun microaglomerado asfáltico na estrada da Palma ao seu paso por Barallobre. Unha intervención de mellora do vial co que se busca reforzar a súa seguridade para peóns e conductores, xa que nos últimos catro anos téñense rexistrado varios sinistros. Unha situación que levaba ao alcalde, Gumersindo Galego, a trasladar á Xunta, titular da vía, a necesidade de proceder a esta intervención.


Tras os traballos realizados, e unha vez melloren as previsións meteorolóxicas, a empresa adxudicataria concluirá a intervención cos traballos de sinalización horizontal e vertical.


As obras realizáronse do punto kilométrico 2.500 ao 3.400, dende a curva do Piqueiro ata a ponte da vía do tren, e do PK. 1.400 ao P.K. 1.400 ao 1.620, nas curvas existentes, dende o supermercado e en dirección ao Penedo.