Fene habilita un novo parque infantil xunto á casa consistorial

Fene habilita un novo parque infantil xunto á casa consistorial

O alcalde, Gumersindo Galego, avanza o remate das obras, que contaron cun orzamento de 39.000 euros con cargo ao superávit municipal

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego,informou do remate das obras de construción do parque da infancia. Unha nova zona de xogos infantís emprazada en pleno centro de Fene, nas inmediacións da casa consistorial. Un espazo que requeriu dun investimento de 39.000 euros máis IVE financiado con cargo ao superávit municipal que, segundo explicou o rexidor, o goberno local xa planteara en 2015, pero que non puido materializarse daquela pola negativa dos grupos da oposición.

A zona ocupa uns 228 metros cadrados, dos que 162 están adicados exclusivamente ao xogo infantil e os restantes, a zona verde. O parque está delimitado por un peche perimetral de madeira, conta con chan de caucho e dous xogos multifunción e un balancín. Os primeiros constan de dúas torres con tellado e unha ponte de unión, así como unha terceira torre, taboleiros para trepar, corda, ponte oscilante e un tobogán. A intervención completouse coa instalación dun panel informativo.