As persoas interesadas ainda poden inscribirse xa que as prazas non están esgotadas
Obradoiro de autodefensa persoal para mulleres
Será o xoves 15 de xuño de 18.00 a 20.30 h no Centro Municipal de Servizos Sociais
14-06-2017
Obradoiro de autodefensa persoal para mulleres
A Concellaría de Benestar Social e Igualdade, a través do Servizo Muncipal de Atención á Muller, dentro da Campaña de Sensibilización contra a Violencia de Xénero "QUEN DIXO MEDO" da Deputación Provincial de A Coruña, organiza un OBRADOIRO DE AUTODEFENSA dirixido a mulleres de Fene a partir dos 16 anos.
Nesta campaña, a Deputación levará a cabo medidas e actuacións de diversa índole nos Concellos da provincia para realizar un abordaxe integral da violencia de xénero. Entre os obxectivos desta campaña está o de dotar á poboación dos mecanismos, coñecementos e habilidades precisos para detectar as diversas manifestacións da violencia de xénero e actuar de xeito contundente ante ela.
Con esta actividade queremos xerar un espazo que permita ás mulleres de Fene identificar as agresións analizando a súa orixe, proprcionándolles habilidades e coñecementos para dar resposta ás agresións que por razón de xénero poden encontrar na súa vida cotiá de xeito contundente.
Resulta fundamental dotar ás mulleres dos mecanismos de defensa tanto físico como psicolóxicos fronte a un posible agresor, de xeito que a través das técnicas aprendidas podan saír ilesas dunha situación de agresión.
OBXECTIVOS:
Analizar os porqués da violencia sexista, que é o maior dos problemas no acceso aos dereitos das mulleres como cidadás.
Dotar as mulleres dos mecanismos precisos para responder e resolver as situacións de agresión.
Reforzar a autoconfianza na muller con diversas técnicas que se porán en xogo nunha situación de perigo ou ameaza.
Concienciar ás mulleres sobre os seus dereitos e capacidades fomentando a confianza e a seguridade mediante a eliminación dos estereotipos sobre a debilidade física feminina.
Este obradoiro presentará unha dinámica totalmente participativa na que se articularán dúas grandes áreas de traballo:
Parte Teórica: Promoveránse técnicas de grupo, debates
Parte Práctica: Traballaránse aspectos físicos e psicolóxicos para que as mulleres tomen conciencia dos seus dereitos, da súa forza e da súa valía a través do traballo físico.
A actividade será impartida por un/ha axente de igualdade e un especialista en defensa persoal.
DATA: 15 DE XUÑO DE 2017
HORARIO: DE 18:00 H. A 20:30 H.
LUGAR: CENTRO MUNCIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - Av. do Mar, Bloque 1-Baixo – San Valentín.
PRAZAS LIMITADAS (15) – ASIGNACIÓN POR RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN
ACTIVIDADE DE BALDE, SUBVENCIONADA POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE
A CORUÑA
MÁIS INFORMACIÓN:
Centro Muncipal de Servizos Sociais
Tf: 981 342607 e 981 492706